
CICLO VANGAL 2023
CICLO VANGAL · 14-15-16 ABRIL · A CORUÑA
A Fundación Luis Seoane será a encargada de acoller o ciclo Vangal (Vangarda Galega Alternativa) de 2023, baixo o soporte do IMCE e o Concello de A Coruña. Ao longo dos días 14, 15 e 16 de Abril asistiremos a seis actuacións musicais, con MounQup, Sheila Patricia, LaMontagne & PicoAmperio, Faia, Fillas de Cassandra e Teresa Ferreiro. Todas elas propostas femininas pertencentes á repoboación folclórica xerada a través da vangarda alternativa galega.

O ciclo Vangal naceu para dar a coñecer a amplitude creativa destas artistas e as súas diferentes caras. Mulleres de rabiosa xuventude que están subliñando os poderes dunha feminidade políglota; en varios destes casos citados, centrados nunha adopción multidisciplinar dos seus respectivos universos creativos. Neste sentido, a programación de Vangal tamén estará acompañada dunha exposición sobre a obra gráfica da ilustradora e debuxante Teresa Ferreiro.
Para ter unha radiografía máis profunda de cada unha delas, tamén haberá charlas das artistas participantes. Nesta ocasión, por parte de Faia e MounQup que, baixo o título de “Ta mere la saltimbanque”, falarán sobre os procesos creativos e os coidados. Dúas visións de nai na música.
Todo para poder ser partícipes en todas as claves que marcan o proceso creativo destas artistas, abandeiradas dunha nova realidade galega que mira cara as súas orixes e traza pontes con outras culturas.
CICLO VANGAL 2023
ARTISTAS

FAIA
FAIA presenta un novo espectáculo, que é en realidade unha evolución, un paso máis no seu proceso de creación desde o primeiro disco. Os ritmos e melodías tradicionais buscan outros camiños a través da voz, movéndose entre o íntimo, o que se di e o que se silencia. É un traballo en construción, do que tirar do fío nun proceso continuo. Neste caso, a escena servirá de casa, de refuxio onde reflexionar sobre o poder da transmisión no ámbito do doméstico, na herdanza. Aberta cara o experimental, a música atopa eco noutras disciplinas e dialoga nunha dimensión máis plástica. Como unha constante no seu traballo, a muller volve ser a protagonista, portadora dunha identidade rica, xenuína e diversa.

TERESA FERREIRO
Teresa Ferreiro Peleteiro é unha artista visual, investigadora cultural e DJ nada en Santiago de Compostela en 1989. Mesturou para emisoras internacionais como Rinse FM en París, Kiosk en Bruxelas ou Somerset Radio en Brooklyn, ademais de participar cos seus decorados en eventos como Cheeky NYE (festa de fin de ano) no Café Juno de Londres ou o Vangal. Ciclo no Museo do Pobo de Santiago de Compostela, a súa cidade natal. Ademais, traballa como artista visual e investigadora.
Esta edición de Vangal contará con unha mostra da súa obra gráfica que poderá visitarse de maneira paralela durante toda a fin de semana.

LAMONTAGNE & PICOAMPERIO
Portadores de semántica vanguardista no folclore galego, Laura LaMontagne e PicoAmperio tratan diferentes campos musicais que oscilan entre a tradición galaico-portuguesa de “cancións de amigo”, ritmos electrónicos e ambientes íntimos provocados pola evolución das superficies dos bucles musicais. Poesía propia e adaptacións de Rosalía de Castro, Lorca, Pessoa, Martín Codax; rabia e inquietude dunha viaxe turbulenta como a vida.

MOUNQUP
Camille Hèdouin é unha artesana do son. Nacida en Rouen (Francia) con orixes italo-marfileñas pero de adopción galega, participa coa súa voz en bandas de jazz, electrónica e folk desde os 15 anos. Foi en Galicia onde comezou a tocar con loops e samplers, creando composicións que funcionan como un collage de texturas, formas e cores e que dan como resultado a paisaxe sonora de MounQup.

SHEILA PATRICIA
Nuns tempos nos que a voz da música con raíces galegas atopou o seu público masivo a través do filtro electrónico, Sheila Patricia chega para reivindicar a posición de pioneira que lle corresponde. E faino a través dun esqueleto de pulsións sonoras onde o tribalismo dixital africano percusivo se mestura entre marimbas, dentro dun corpo central de impulso impulsado por unha maior certeza: a confirmación da riqueza universal do alfabeto sonoro galego, que tece conexións transoceánicas con Arxentina e toda a música que o inspira a ampliar o cinemascope do seu proverbial diario de rexistro estilístico.

FILLAS DE CASSANDRA
María SOA (voz, percursión e piano) e Sara Faro (voz e percusión) conforman o dúo Fillas de Cassandra, un dos proxectos da nova música emerxente máis prometedor do panorama galego. Transcorrido pouco máis dun ano desde a súa formación e tras presentar o seu primeiro traballo, Acrópole. (Febreiro. 2023), acumulan xa ás súas costas máis dunha vintena de concertos.
A súa é unha aposta pola recuperación das melodías tradicionais e a creación de novas líricas, inspiradas no canto de tradición oral, pero tamén influenciadas polo pop, a electrónica e a música clásica.
CICLO VANGAL 2023
EXPOSICIÓN TERESA FERREIRO
Teresa Ferreiro é DJ, artista visual e de cómic, doutora en artes plásticas e estudos de xénero. Como artista expuso obra en diferentes galerías tanto nacionais como internacionais, entre elas: Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela, España), WAR GALLERY (Londres, Reino Unido) BSUAL at Cara B Festival (Barcelona, España), HIT WITH TITS (Mutuo Centro de Arte, España), LIBRO DE ARTISTA (Centro Xunta de Galicia, España), LET´S DOG DELIGHT (Stanley Picker Gallery, londres, Reino Unido), MOI APRÉS MOI (Galería Trinta, España).

Nesta Edición do Ciclo Vangal, Teresa expón unha serie de ilustracións que datan dende o 2017 ata o 2022. Pódense distinguir dúas coleccións: “Colección Autóctona” e “Colección Dispar”.
“Colección Autóctona” son catro ilustracións cuxa temática ten que ver ca tradición galega, ca súa arte e a súa historia. Dúas das ilustracións son reinterpretacións de debuxos de Castelao da súa colección de estampas “Galicia Mártir” nas que denuncia os actos do fascismo. Estas son “Matáronlle un Fillo” (1937), na que se pode ver a unha nai sostendo un tronco de madeira como se fose un bebé. Teresa inspírase tamén na “señora do tronco” da serie de TV “Twin Peaks”, otorgándolle un estilo máis contemporáneo e usando as cores características da obra da artista.
Esta reinterpretación rinde homeaxe a Castelao mentras procura falar da enfermidade mental e otorgarlle unha perspectiva oscura á maternidade. A segunda reinterpretación está inspirada na estampa “A Derradeira Lección do Mestre” (1937). Castelao presenta dous meniños observando o corpo asesinado do seu mestre de escola. Na reinterpretación a temática non varía, pero a artista mestura o concepto de Castelao co seu estilo propio e engade imaxes simbólicas.


“Colección Dispar” é una mestura de ilustracións dixitais que definen o estilo da artista nos últimos anos. Nos seus comezos como artista, Teresa Ferreiro presentaba cores moito mais escuras e temáticas más sombrías. Irónicamente, unha serie de experiencias tristes na súa vida persoal centraron a súa atención en imaxes, cores e temáticas dinámicas, suaves e alegres. Aínda que mantivo unha tendencia cara o misterio e a interpretación subxectiva en cada ilustración.
Teresa Ferreiro é creadora de cómics e cando debuxa céntrase nunha narrativa inventada e na creación de persoaxes. Existe unha presenza constante das mulleres e os animais antropomorfizados. O seu estilo está influenciado en gran parte polo imaxinario que consumiu durante a súa infancia e mocidade: as cores vivas e pasteis propias do anime, como Dragon Ball e Ranma ½, as proporcións nas personaxes e motivos similares a moitas obras de manga e temáticas que camiñan nunha liña entre a autoficción, a ironía e a protesta, similar ás obras de cómic alternativo e fanzines estilo punk de autoras como Aline Kominsky-Crumb e Lynda Barry. Tamén está influenciada en gran medida polas súas compañeiras de clase cando estudou Belas Artes en Pontevedra, entre elas Roberta Vázquez e Begoña García-Alén.
CICLO VANGAL 2023
HORARIOS
VENRES 14 ABRIL

Expo de TERESA FERREIRO
EXPOSICIÓN DE ILUSTRACIÓNS DE TERESA FERREIRO QUE SE PODERÁ VISITAR DURANTE TODO O DÍA NO PATIO DA FUNDACIÓN LUIS SEOANE.
Todo o día no Patio

Charla de FAIA
AS CHARLAS DE FAIA E MOUNQUP BAIXO O TÍTULO DE «TA MERE LA SALTIMBANQUE» FALARÁN SOBRE OS PROCESOS CREATIVOS E OS COIDADOS. DÚAS VISIÓNS DE NAI NA MÚSICA.
20:00 Recibidor

Concerto de FAIA
CONCERTO FAIA NO PATIO DA FUNDACIÓN LUIS SEOANE.
21:00 Patio

DJ set de TERESA FERREIRO
DJ SET DE TERESA FERREIRO NO PATIO DA FUNDACIÓN LUIS SEOANE.
22:15 Patio
Entrada de balde ata completar aforo
SÁBADO 15 ABRIL

Expo de TERESA FERREIRO
EXPOSICIÓN DE ILUSTRACIÓNS DE TERESA FERREIRO QUE SE PODERÁ VISITAR DURANTE TODO O DÍA NO PATIO DA FUNDACIÓN LUIS SEOANE.
Todo o día no Patio

Charla con MOUNQUP
AS CHARLAS DE MOUNQUP E FAIA BAIXO O TÍTULO DE «TA MERE LA SALTIMBANQUE» FALARÁN SOBRE OS PROCESOS CREATIVOS E OS COIDADOS. DÚAS VISIÓNS DE NAI NA MÚSICA.
20:00 Recibidor

Concerto de LAMONTAGNE & PICOAMPERIO
CONCERTO LAURA LAMONTAGNE & PICOAMPERIO NO PATIO DA FUNDACIÓN LUIS SEOANE.
21:00 Patio

Concerto de MOUNQUP
CONCERTO MOUNQUP NO PATIO DA FUNDACIÓN LUIS SEOANE.
22:15 Patio
Entrada de balde ata completar aforo
DOMINGO 16 ABRIL

Expo de TERESA FERREIRO
EXPOSICIÓN DE ILUSTRACIÓNS DE TERESA FERREIRO QUE SE PODERÁ VISITAR DURANTE TODO O DÍA NO PATIO DA FUNDACIÓN LUIS SEOANE.
Todo o día no Patio

Concerto de SHEILA PATRICIA
CONCERTO SHEILA PATRICIA NO PATIO DA FUNDACIÓN LUIS SEOANE.
19:00 Patio

Concerto de FILLAS DE CASSANDRA
CONCERTO FILLAS DE CASSANDRA NO PATIO DA FUNDACIÓN LUIS SEOANE.
20:15 Patio
Entrada de balde ata completar aforo

CICLO VANGAL 2023
FUNDACIÓN LUIS SEOANE
Centro de divulgación e conservación da obra de Luis Seoane e de produción de exposicións e actividades culturais.



CICLO VANGAL 2023
PRENSA
Si precisas acreditación escríbenos a: info@ciclovangal.com.
Podes descargar o press kit do ciclo no seguinte enlace: Press Kit Vangal 2023